A programación de Nadal da Cañiza comezou con gran éxito.O programa e o seguinte:

Decembro:

Sábado 23, ás 16:30 da tarde “Festa dos Nenos”

-  Representación de escenas de Nadal e panxoliñas polos nenos de Catequese.

-  Espectáculo infantil cos pallasos “Llilla e Paspallás”.

-  Visita de Papa Nöel con regalos.

-  Merenda,música e participación nun taller de Nadal.

-  Buzón Real para as cartas dos Reis Magos.

Venres 29, ás 21:00 da noite“ Con motivo do 250 Aniversario do nacemento de Mozart”

-  Actuación do Cuarteto de Corda Balt Quartet acompañados polo soprano María Joao Matos.
-  Actuación da Coral Polifónica da Cañiza.

Sesión de cine Infantil

-  “La Estrella de Laura” Martes, 26 ás 5 da tarde.

-  “Polar Express” Mércores, 27 ás 5 da tarde.

-  “El Tiovivo Mágico” Xoves, 28 ás 5 da tarde.

Xaneiro:

Venres 5, ás 5 da tarde Cabalgata de Reis

-  Animación infantil á espera dos Reis Magos.

-  Saída da Carroza Real anunciada con foguetes de artificio e percorrido polas rúas da Vila.

-  Recepción das súas Maxestades de Oriente os Reis Magos a todos os nenos.

Todas estas actividades vanse celebrar no Auditorio da Casa de Cultura da Cañiza.

Entrada gratuíta para todo o público

 

Make a Free Website with Yola.